
........................................................................................................................................... Cada vez vexo o ceo menos entebrecido; con cada nova mirada sinto máis orgullo de ser o que son e de ter nacido onde nacín. Intento defender aquilo no que penso e desexo non levar outras ataduras cás que se precisan para sobrevivir.
Entrevista: Ramón Fuentes Colmeiro.
Ex profesor da Escola de Enxeñería Técnica Agrícola, funcionario do Ministerio de Agricultura e ten publicado un libro sobre o campo.
“A explotación agraria familiar cumpriu co seu fin pero hoxe é como pedir esmola á porta dunha igrexa; hai que pensar en clave de empresa”.
“Chegamos ao extremo de que hai gandeiros que producen leite e na casa tómano de cartón”.
Destacados:
“Ao campo hai que fallarlle doutra maneira”.
“Galicia pode producir máis barato”.
“Se o labrego fose capaz de producir a materia prima que necesita estaría en mellor disposición para salvar a crise”.
Carlos Vázquez González
Sen perder unha pinga do seu natural inconformismo, Ramón Fuentes Colmeiro segue aos seus 76 anos coa preocupación vital de sempre, convencido de que a terra é un ente vivo ao que hai que coidar con moito cariño. Seis anos antes, en 2002, rematou a súa andaina laboral que comezara na axencia de Extensión Agraria de Monforte e despois de opositar recalou no Ministerio de Agricultura, en Lugo. Finalmente, disque desencantado co reparto autonómico, abandonou ese posto do que, sen embargo, garda moi bos recordos, e decidiu dedicar os seus esforzos a unha das súas grandes vocacións: o ensino. Anque tivo máis, quixo ser agricultor, un soño que cumpriu, chegando incluso a producir 100 toneladas anuais de patacas, e a outra das súas vocacións –esta frustrada– foi a de ser químico. Na Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo impartiu a materia de Agricultura Ecolóxica e Fitotecnia Xeral.
Autor do libro Agrosistemas sostenibles y ecológicos, co tempo de pensar e non alleo aos grandes cambios que afectan a todo o sector agrario, Fuentes Colmeiro –nado en Arzúa aínda que fixo toda a súa vida en Lugo– vén de modificar algunhas das posturas que mantivo con anterioridade ao que el considera o final do sistema de explotación agraria familiar.
[Nesta entrevista, Ramón Fuentes analiza a situación e ofrece alternativas a ese modelo para evitar que problemas como o do leite poidan acabar coa vida no campo. Para elo convida a toda a sociedade a unha reflexión na que tamén deberá participar a universidade e a clase política, dous colectivos dos que xa non espera demasiado].
¿Que non vai poder seguir como ata o de agora?
– A explotación agraria familiar. Hai que facer un novo deseño porque esa estrutura, que cumpriu unha función e foi moi ben na época do autoconsumo, xa non vale des que se converteu nunha forma de venda. Agora é como pedir esmola á porta dunha igrexa.
– ¿Que quere dicir?
– Que non ten futuro. Evita que morras de fame pero non se pode esperar nada máis diso.
– Polo que vostede mencionaba, producir co único obxectivo de vender non beneficia a longo prazo a xente que vive do campo, ¿non si?
– Efectivamente. Chegamos ao extremo de que hai quen mantén unha explotación láctea e almorza co leite de cartón que mercou na tenda unha semana antes. Iso non é en absoluto sostible, pero é a realidade porque hoxe véndese todo e non se aproveitan nada, ou moi pouco, os excedentes.
– ¿E como se lle traslada iso aos labregos?
– Ese é o problema. Todos sabemos que falarlle diso aos campesiños non dá votos e se non dá votos non hai quen o faga. Nin se atreveu a dereita nin a esquerda nin tampouco o fixeron os nacionalistas. E para colmo de males, a universidade actual tamén está demasiado politizada.
– Ou sexa que a política é a responsable.
– Tampouco se pode afirmar de xeito categórico. Os políticos teñen que buscar o voto porque son políticos e se non o fan axiña os despachan. Habería que pensar nunha alternativa distinta.
– Pero di vostede que a universidade tampouco...
– Xa. Eu pedín abrir nese foro un gran debate que estudara o problema e buscara solucións, xuntando para elo a todas as partes implicadas. Nin se fixo nin houbo quen me dera a razón, será que non a teño. De todas formas, o agricultor está contento coa política das subvencións porque son cartos seguros que evitan a morte definitiva da explotación familiar. Pero iso non ha poder seguir moito tempo.
– Inda que soe a recorrente, algúns expertos coma vostede teñen diagnosticada a enfermidade, pero ¿sabemos como curala?
– O primeiro que hai que facer é cambiar de sistema e comezar a falar en clave de empresa para atraer á xuventude cara unha agricultura onde a xente poida atopar un traballo con retribucións xustas e días de descanso. Iso é fundamental pero só sucederá si se cumpre esa premisa.
– ¿Refírese a unha empresa con empregados e reparto de funcións?
– Claro, claro.
– Para iso, entón, as superficies de cultivo terían que ser moito máis grandes.
– E que só así o campesiño poderá ter máis liberdade. Se tes unha explotación grande é cando podes contratar a un ou varios empregados que che permitan ir rotando á hora de traballar e obter o teu merecido descanso. O labrador pequeno, pola contra, non dá feito e váiselle a xornada en cousiñas que, ao final, mantéñeno atado.
– ¿Converta e en hectáreas?
– Estaríamos falando dunhas 200 ou 300 hectáreas como mínimo para unha cifra aproximada de 500 vacas. Ten que haber unha relación entre a superficie agraria e a carga gandeira. 5 vacas por hectárea é unha barbaridade porque encarece o produto e a explotación faise insostible.
– Non sei si se podería producir máis barato do que se fai.
– Estou convencido de que si, pero hai que diversificar. A grande explotación debería contar con gando vacún, porcino e ovino, aproveitar o leite, botar patacas e dedicar terras a praderías artificiais, que poden dar 5 ou 6 cortes de herba ao ano.
– Para entendernos, diversificar é ter un pouco disto e un pouco daqueloutro.
– Se o labrego fose capaz de producir a materia prima que necesita, estaría en mellor disposición para salvar esta ou calquera outra crise. A diversificación é o menos malo dentro da agricultura. Pero para iso hai que dispor de superficies grandes.
– ¿E como superamos a cultura do minifundio?
– Por iso cómpre falar primeiro coa xente, debater o tema, elaborar estudos e comezar xa a aplicalos.
– ¿Onde?
– A Deputación Provincial ten hectáreas na Terra Chá e tamén en Monforte que ao mellor non están todo o ben aproveitadas que deberan. Pero sobretodo, cada día quedan máis aldeas baleiras en Galicia que poderían usarse. Teñen os seus propietarios, si, pero habería que tratar de chegar a un acordo con eles e sacar un rédito a ese abandono.
– O tema do abandono vai e vén tratándose do campo. ¿Por que a xente nova non para no rural?
– Tal e como está hoxe enfocado o sector agrario é normal que a xuventude non queira quedar na aldea para traballar as terras e atender as vacas. Necesitan dos alicientes que falamos con anterioridade.
– ¿De que maneira inflúe que a terra xa non é para os galegos o que foi para os que padeceron a fame e sufriron a emigración?
– O que sei eu é que á terra queríaselle como a un máis da familia. Pero ese cariño perdeuse e hoxe incluso estase maltratando.
– ¿Con que?
– De moitas maneiras. Abusando da química, dos herbicidas... Producen efectos negativos que quedan no solo e nin sequera se estudan ou indican nos produtos. Non estou radicalmente en contra dunha adecuada utilización pero a terra é como unha persoa e só debe tomar unha pastilla cando realmente o necesita. Por outro lado, tamén son prexudiciais certas prácticas como botar o millo sempre na mesma leira. (Cando veña unha seca, ao non ter forza, o millo ha secar). Outra mala práctica é mercar concentrados para evitar ter que cultivalos na explotación. Por dicir algo, hoxe ata se merca a palla.
– ¿Estamos peor logo que, non sei, hai 50 ou 60 anos?
– No tocante ao manexo da terra, si. A terra está estragando moita calidade e polo tanto perde tamén a capacidade produtiva. Agora aínda non se albisca, pero hase ver no futuro.
– ¿Que habería que facer?
– Utilizar a materia orgánica, que ofrece máis poder retentivo para a humidade e os principios fertilizantes. A materia orgánica retén o dobre do seu peso en auga.
– Rematamos falando de dous dos asuntos que máis afectan aos labregos. Un é o tema do leite.
– É algo que se vía vir. O sector lácteo foi a solución tempo atrás, pero decaeu e agora vén o problema porque moitos agricultores optaron por un monoproduto que deixou de ser rendible. O leite págase moi mal pero tamén non ten sentido que a xente que vive diso se dedique a mercar en vez de producir os produtos que precisa para manter as vacas. Iso xera uns gastos moi elevados que na actual situación nótanse máis.
– A outra materia refírese á reforestación.
– Ata o de agora foi unha forma de riqueza cuxo futuro agora é incerto debido á crise e á utilización dos sistemas informáticos que evitan ter que usar tanto papel. Neste momento os “cupos” para os madeireiros baixaron de 10 ou 12 á semana a tan só 2 ou 3. Con todo e iso, hai que admitir que o mundo forestal funcionou menos mal que o agrícola.
Recordos de tres sobriñas de Piñeiro.
Fecha de publicación:
17/5/2009
Hijo de un herrero que trabajó en el Salto del Sil, Albino Pérez Carnero es el jefe de servicio de Medicina Interna y coordinador del área médica del Xeral-Calde. Nació en Vilabalde (Sober) en 1943, en una casa que los archivos del Mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil remontan al siglo XV. El tributo a los benedictinos consistía en «un buen carnero» y es probable que de ahí provenga el nombre de la casa y hasta el del propio apellido del entrevistado.
Estudió en la Facultade de Medicina de Santiago de Compostela (1961-1967) y dos años después se trasladó a la capital de España para trabajar en el Hospital Universitario La Paz, donde realizó la especialidad de Medicina Interna y Aparato Digestivo. En 1974 regresó a Lugo para integrarse en el área de medicina interna y desde entonces no dejó de ejercer en el hospital público de referencia para la provincia.
Tras 40 años de servicio a sus espaldas, en noviembre de 2008 tendría que haberse jubilado pero solicitó y le fue concedida la prórroga. El internista cuenta además con la Encomienda de la Orden al Mérito Civil.
-¿Qué le animó a solicitar la prórroga de la jubilación?
-Mi trabajo me sigue gustando tanto como el primer día, me encuentro bien de salud, creo que aún puedo seguir aprendiendo y tengo una gran experiencia que puede ser muy útil a los demás. Por eso solicité la prórroga.
-¿Qué requisitos se exigen para seguir en activo?
-Que el solicitante haya acreditado médicamente estar en buenas condiciones físicas y psíquicas, es decir, que posee la capacidad necesaria para seguir ejerciendo la profesión o desarrollar las actividades correspondientes a su nombramiento.
-Aludía a la experiencia. No debería hacer falta recordar el refrán para valorarla, pero no estaría demás que explicara cómo se consigue.
-Sólo se adquiere con el tiempo. La experiencia no se compra ni está en los libros ni aparece en el Google.
-Comenzó a ejercer en 1969. Tras tres décadas en el Xeral, ¿qué ha cambiado?
-Entonces sólo estábamos el doctor Mel, la doctora Alfonso y un servidor. Poco después se incorporarían otros dos, los doctores Guerrero y Vidán. En cambio ahora somos 70 médicos en el servicio y prestamos atención a toda el área sanitaria, sin olvidar que somos el hospital de referencia a nivel provincial.
-¿Ha habido cambios en la relación médico-paciente?
-El paciente llega al hospital hablando más o menos de las mismas enfermedades. Y los diagnósticos son los mismos salvo que hoy en día se realizan mejor desde el punto de vista científico. Lo único que ha cambiado de verdad es que la gente vive las enfermedades con más estrés que antes. Y eso, aunque parezca que no, repercute en el paciente y en su entorno. Pero el problema de que el componente ansioso y depresivo sea más profundo sólo tiene una responsable: la sociedad, que cada vez exige más y más.
-Pronto deberíamos estrenar el moderno centro hospitalario, ¿qué sugiere al respecto?
-Lo que pido para el nuevo hospital es que se designe a los mejores gestores. Porque iniciar esa andadura va a exigir un esfuerzo por parte de todos y requerirá que quienes tengan que tomar decisiones posean un buen conocimiento hospitalario. El equipo directivo que se designe deberá tener claro qué hacer y ser al mismo tiempo capaz de recabar los apoyos necesarios de Sanidade. Esa sería a mi entender la mejor labor que podrían hacer los responsables políticos.
-Aprovechando su mención a los gestores ¿qué debería primar en esa labor?
-Hay que partir de una premisa: la mejor gestión es practicar una buena medicina. Lo que conduce inevitablemente a gastar sólo aquello que se necesita en pro de la eficiencia.
-Esto me hace recordar uno de los problemas más acuciantes, la falta de recursos.
-Los recursos son limitados pero la demanda es justo la contraria. Por eso es tan importante que la gente haga un uso racional del sistema sanitario y que sólo acuda al médico cuando realmente lo necesita.
-Alguna responsabilidad tendrán médicos y medios de comunicación que a veces crean alarmas o fuerzan conductas.
-Los médicos debemos realizar las indicaciones precisas, de ahí la importancia de mantener la formación médica continuada. No se debe obviar que cuánto mayor conocimiento médico se tiene, más se racionalizan las pruebas y mejor se conoce el tratamiento a realizar. Por otra parte, los medios tendrían que ofrecer más información sobre los métodos profilácticos, que son incuestionables si hablamos de enfermedades como la hepatitis o el Sida, que pese a tener aquí una menor incidencia, no conviene bajar la guardia. Se debería hacer más hincapié en los daños provocados por conductas aditivas como el tabaco, el alcohol y otras drogas, además de explicar cómo a través del deporte se pueden controlar factores de riesgo como la presión arterial, el colesterol, la glucemia.
-¿Qué futuro ve para la sanidad?
-El futuro será mejor que el presente si todos nos esforzamos en que sea así. Es indispensable el uso racional de los recursos, no soy partidario del copago y la asistencia deberá ser universal. Los políticos tendrán que buscar las fórmulas de financiación. Debemos ser optimistas porque la sanidad española sigue a la cabeza de los mejores servicios públicos que ofrece el país y constituye un referente en todo el mundo.
-Hemos hablado de muchas cosas y nada del sujeto «internista».
-Los internistas somos los grandes desconocidos. Nuestro trabajo exige esfuerzo y sacrificio para estar al día ya que tiene que saber de todo. El 40 % de los enfermos que llegan al hospital son atendidos en la área médica. Resumiendo, el internista reagrupa los datos y presta una atención integral a la persona. Y en caso de no poder él resolver el problema, sabrá decirle al paciente a quién debe dirigirse.
-Los médicos disponen de poco tiempo para estar con sus pacientes, pero su trascendencia es innegable, ¿no es así?
-Es muy importante hablar con el enfermo y que éste te cuente todo lo que le pasa.
-Los avances de la medicina han relegado a la tradicional historia clínica?
-Las pruebas no deben sustituir a la historia clínica. Los internistas somos los que más uso hacemos de este trabajo. La historia clínica del paciente es importantísima porque marca el camino a seguir y qué hacer para determinar una dolencia. Debemos de procurar, por lo tanto, perfeccionarnos en este aspecto de la asistencia médica.
-Permítame el juego de palabras: ¿No enferma más el paciente que desespera en una lista de espera?
-Es un problema que estamos tratando de resolver desde la raíz, desde los médicos de atención primaria. Para ello necesitamos una buena organización y más medios; naturalmente con el apoyo de la consellería. Tengo que decir que el gobierno anterior de la Xunta fue sensible a nuestras peticiones en cuanto a algunas de estas dotaciones y a la ampliación del horario de consultas. Espero que continúe y mejore.
Sigue:
Albino Pérez Carnero repasa en esta entrevista algunos aspectos más íntimos de su carrera profesional y hablar con satisfacción de los reconocimientos que ha tenido a lo largo de su dilatada trayectoria. A la vez, ofrece la mejor definición que se puede dar de lo que es y lo que significa un facultativo en nuestra sociedad.
-Para ser un buen médico ¿qué hace falta?
-En primer lugar, como en todas las profesiones, ser una buena persona; y después hay que esforzarse en hacer cada día mejor tu trabajo, sabiendo rodearte de buenos colaboradores.
-El día que se jubile de verdad, ¿con qué satisfacción colgará la bata?
-Con la de haber ayudado a los demás. No hay otra satisfacción mayor.
-A principios de los 90 recibió la Encomienda de la Orden al Mérito civil, instituida en 1926 por el rey Alfonso XIII para premiar las virtudes cívicas de los funcionarios y los servicios extraordinarios de los ciudadanos. ¿Qué supuso esa distinción para usted?
-Fue para mí de una gran satisfacción personal que todos los vecinos de Sober solicitaran la Encomienda en reconocimiento a mi labor como maestro. Mi padrino lo era en realidad y a la hora de la siesta aprovechábamos para dar clase. Y mientras otros se iban de vacaciones, yo me dedicaba a enseñar a otros jóvenes. Aquello me atraía y bien valía la pena.
-¿Es su vocación frustrada?
-Podría decir que sí. Ayudar a mi padre en la fragua no me gustaba pero dedicarme a la enseñanza me hubiera encantado.
-Por último, ¿qué no ha olvidado de su vida en Sober?
-Recuerdo que tuve alumnos muy brillantes pero que no iban a seguir con los estudios, ya que el modo de vida entonces era muy humilde. Hablé con los padres de los más brillantes y, recordando que los míos tuvieron que pedir dinero para que yo pudiera estudiar, les expliqué que sus hijos podían llegar muy lejos. Siento verdadero orgullo al saber que dos de aquellos chavales son hoy ingenieros, pero me apena que otros tantos no pudieran hacer lo mismo debido a que sus padres no tenían posibilidades.
«Esquecer é non existir e así é como todo escomeza a morrer antes de partir»
-- ---
«Olvidar es no existir y así es como todo empieza a
morir antes de
partir»,C. V.